top of page

‘Narrativas das novas diásporas’ é un proxecto interdisciplinario, multilingüe e transcultural que ten como obxectivo analizar a produción literaria arredor das novas diásporas deste século XXI en castelán, galego e inglés. Co fin de limitar o alcance dun tema tan xeral como o das novas diásporas, este novo proxecto propón dous eixos fundamentais: analizar as ‘zonas de confort’ e as ‘zonas en conflito’ destas novas diásporas a través do estudo comparativo dun corpus de narrativas en diferentes linguas de autoras/es emigrantes de primeira e/ou segunda xeración que escriben dende a ficción sobre experiencias potencialmente conflitivas xa teñan lugar en contextos hostís, como pode ser a emigración ilegal, ou en contextos máis favorables, como pode ser a mobilidade intra-europea. Este proxecto pretende cuestionar a idea estática e inamovible do ‘canon literario’ arredor dunha tradición literaria e/ou lingua concreta xa que os novos movementos diaspóricos fan que as fronteiras literarias tamén entren en conflito.

diente de león.jpg

FITO 1

ZONAS DE CONFORT

Os novos condicionantes históricos e económicos das novas diásporas destas primeiras décadas do século XXI distan enormemente dos anteriores, sobre todo cando falamos da emigración legal dentro de zonas de confort como poden ser, por exemplo, a Unión Europea. A produción literaria actual cuestionan a idealización da experiencia diaspórica que se leva a cabo tanto dende institucións como dende medios de comunicación para intentar facer visible a posición subalterna do suxeito migrante nun contexto legal. Este fito 1 centrarase na análise dun corpus de ficción en castelán, galego e inglés escrito por persoas migrantes sobre experiencias de emigración en zonas de confort para ilustrar a conflitividade que tamén xorde destes lugares de tránsito a pesar da situación de privilexio da que parten.

 

Liñas de investigación do fito 1:

 

  • A intra-migración en zonas de confort

  • A inmigración legal e a literatura de retorno

  • Emigrantes de primeira e/ou segunda xeración

  • Exofonía e tradución

diente de león.jpg

FITO 2

ZONAS EN CONFLITO

A literatura de fronteiras tense ligado coa emigración ilegal, por iso este concepto non ten mudado de xeito radical nas últimas décadas. A fronteira, como lugar físico e imaxinario, está a ter unha relevancia especial na produción literaria de certos contextos que poderían relacionarse con zonas en ‘conflito’. Arredor destas zonas en conflito están a aparecer textos que cuestionan as políticas migratorias, por exemplo, dos Estados Unidos ou aquelas da Unión Europea. Os factores ‘pull’ e ‘push’ que motivan estes movementos migratorios son do máis diverso e o poñen de manifesto as tensións que poden xurdir destes espazos de diáspora nos que dúas comunidades, a migrante e a non migrante, entran en conflito xa que unha ocupa un lugar de privilexio ao ser nativa e a outra ocupa unha posición de subalternidade ao estar transterrioralizada.

 

Liñas de investigación do fito 2:

 

  • Literatura de fronteiras en conflito

  • Literatura de refuxiados e re-emigración

  • Narrativas do Brexit

  • Literatura sobre a ‘Fortaleza Europea’

EQUIPO DE TRABALLO

María Alonso.jpg

MARÍA ALONSO ALONSO

DIRECTORA DO PROXECTO

Universidade de Vigo

Carmen Luna.jpg
Rexina Vega.jpg
Gabriela Rivera.jpg
Sofía.jpg

CARMEN LUNA SELLÉS

DIRECTORA DO GRUPO DE INVESTIGACIÓN ELICIN

Universidade de Vigo

REXINA RODRÍGUEZ VEGA

PROFESORA CONTRATADA DOUTORA

Universidade de Vigo

GABRIELA RIVERA RODRÍGUEZ

INVESTIGADORA POSDOUTORAL

Universidade de Vigo

David Miranda.jpg

DAVID MIRANDA BARREIRO

PROFESOR TITULAR

Universidade de Bangor

Bárbara Fernández.jpg
Chus Cabarcos.jpg
Pedro Carmona.jpg
Ana Garrido.jpg

ANA GARRIDO GONZÁLEZ

PROFESORA ADXUNTA

Universidade de Varsovia

BÁRBARA FERNÁNDEZ MELLEDA

PROFESORA ADXUNTA

Universidade de Hong Kong

CHUS CABARCOS TRASEIRA

PROFESORA CONTRATADA DOUTORA

Universidade de A Coruña

PEDRO MIGUEL CARMONA RODRÍGUEZ

PROFESOR CONTRATADO DOUTOR

Universidade de La Laguna

bottom of page